O día 18 de maio, un grupo de compoñentes do aula de teatro Albatros fumos, por uns intres, os castrexos que viviron en Vigo aló polo século I despois de Cristo.
Os nomes dos ilustres habitantes do castro de Vigo son: Alejandra Surís, Daniel Lorenzo, Juan Lois, Rosalía García, Iria Surís, Willy Surís, Mayte García, Borja Rodríguez, Antonia González, María Gómez, Mariano Meseguer y José Ramón Rodríguez.
Un bo número de xentes asistiron á nosa representación, sen palabras, dunha xornada da vida cotia daqueles castrexos. Fixemos dous pases, e, a verdade, pasámolo moi ben.
Noraboa a tódolos participantes.
Como ben di a nosa "profe" Pury, "a nós, cando nos rascan un pouquiño, sáenos a vea teatral". ¿Qué lle queres? Somos así.
Quixeramos darlle as grazas a Grandal Services, especialmente a Luz Rascado, por lembrarse de nós.
Felicidades a Pury y a Willy por su trabajo, que ahora, además, va a poder verse reflejado en la web.
ResponderEliminar¡Un abrazo, fieras!